A auga escasea no Rio Grande e o Anllóns baixo vixiancia

O xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, confirmou que se mantén a prealerta por escaseza de auga no río Grande (en Camariñas). Sen activar a prealerta, vixiarase tamén de forma exhaustiva a situación do río Anllóns (en Ponteceso).

En todo caso, non hai seca prolongada . O xerente de Augas de Galicia explicou que, a nivel meteorolóxico, fíxose un balance das dúas últimas semanas e comentouse a previsión para os próximos días, e posiblemente «ao longo dá semana que vén chegará unha fronte que traia choivas a Galicia».