A biblioteca de Coristanco convértese estes días nun espazo de encontro

A biblioteca municipal de Coristanco convértese estes días nun espazo de encontro, inclusión e aprendizaxe ao acoller a visita dun grupo de persoas usuarias da Asociación ÍNTEGRO, que está a desenvolver un programa de fomento da 📚 lectura dirixido a persoas adultas con discapacidade intelectual.

En cada sesión, as persoas participantes escollen os libros do seu interese, realizan unha lectura compartida e levan a cabo unha actividade de comprensión lectora 📖.

O programa ten como principais ✅ obxectivos fomentar o hábito da lectura, mellorar a vocalización, reforzar a comprensión lectora e promover a participación activa das persoas con discapacidade en espazos culturais.