
Hoxe a Biblioteca de Muxia recibiu a visita da delegada da Xunta, Belén do Campo, para coñecer de primeira man as melloras que se están a realizar na Biblioteca Municipal Santiago Rey Fernández Latorre, grazas a unha achega de 22.500 euros da Xunta de Galicia.
Estas actuacións permitirán modernizar as instalacións e ampliar a oferta cultural da nosa biblioteca, un espazo que é xa un referente de lectura, encontro e aprendizaxe no noso concello ![]()
![]()
As obras inclúen:
• Reparación e mellora do edificio e da cuberta
• Renovación do mobiliario e creación dunha nova zona infantil
• Mellora da conectividade e instalación de wifi en todo o espazo
• Novo sistema de impresión de carnés de usuario
Ademais, a biblioteca tamén conta con máis de 4.000 € en axudas complementarias para adquisición de novidades editoriais e actividades de fomento da lectura, incluído o programa “Ler Conta Moito”.
Desde o Concello seguimos traballando para ofrecer espazos culturais de calidade e accesibles para toda a veciñanza.
Biblioteca Municipal Santiago Rey Fernández Latorre – Muxía