


A Brigada de Obras do Concello de Muros continúa coas tarefas de mantemento na rede de estradas e camiños municipais.
As imaxes son de traballos na parroquia de Tal.
“É necesario limpar as cunetas dos camiños, xa que se acumula nelas moita vexetación polos sucesivos temporais», explica a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira.
Estes traballos continuarán nas próximas semanas por todo o concello.