A Brigada de Obras do Concello de Muros realiza tarefas de mantemento na rede de estradas e camiños municipais.

“Estas imaxes corresponden cunhas tarefas de limpeza de cunetas en Solleiros e Trión, en Esteiro, para canalizar a auga e previr as escorrentías nas estradas”, explica a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira.

📌 Estes traballos continuarán nas próximas semanas por todo o concello.