
A Brigada de Obras do Concello de Muros realizou hoxe traballos de mantemento na parroquia de Louro.
Entre outras tarefas, bacheouse o firme na Lavandeira, Cuchariños, Sabila, A Moreira, As Laxas, San Roque e Pallagueira. Mañá continuarán os traballos se o tempo o permite.
“O inverno foi moi duro de choivas e temporais e no concello somos conscientes de que hai moitas estradas con fochancas e necesidades de mantemento”, explica a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, que asegura que “se o tempo o permite, nas próximas semanas vanse facer labores de rebacheo e acondicionamento en todas as parroquias de Muros”.



