A Camposa de Buño ten 58.000 razóns para mellorar o seu aspecto

Veciños de Buño queixanse do estado de abandono que esta a sufrir a parroquia polo Concello de Malpica de Bergantiños. E unha autentica vergoña o caso da Camposa, unha obra na se que tiña que facer 3 cousas : pavimentar a vía, canalizar augas superficiais e dotar de unha iluminación adecuada a zona. Han pasado xa 3 anos dende a obra cun custo de 58.000€ e o único que temos claro e que han cumprido coa pavimentación. A canalización e a iluminación e outro tema.

A canalización da auga na Camposa e un tema moi perigoso xa que a zona encontrase chea de follas e de musgo e con auga saindo dende todas as frentes. A iluminación e vergoñenta, ver que hai farolas sen poñer e cableados o aire.

O concello de Malpica estas ultimas semanas está vivindo unha autentica guerra nas redes sociais cada vez que publican algo. Dende Faro da Costa queremos que tomen as medidas necesarias para que ningun veciño caia nesta rúa debido o esbaradiza que é a pavimentación e asi evitar un mal maior.

Noticia da Voz de Galicia 2022

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/malpica-de-bergantinos/2022/03/31/licitacion-58500-euros-mejora-camino-da-camposa-buno/00031648750587397416686.htm