A Casa do Mar de Corme conta xa cunha nova rampla de acceso.

⚒️ A Casa do Mar de Corme, onde se localiza o centro de saúde e o local das asociacións de veciños e maiores, conta xa cunha nova rampla de acceso.

Trátase dunha petición 🤝🏻 da veciñanza que a Asociación de Veciños de Corme lle trasladou ao Concello de Ponteceso.

👏🏼 Agora, é xa unha realidade grazas á doazón gratuíta por parte da Asociación ÍNTEGRO e de Maisporvir.

👉🏼 Esta novidade supón unha importante mellora en materia de accesibilidade, facilitando a entrada dos usuarios e usuarias con diversidade funcional ao interior do espazo.