A compañía catalá Cía. MeLaBuffa chega a Muros co espectáculo familiar El professor Bromera

A proposta combina monicreques, conto e burbullas nun espectáculo pensado para público infantil e familiar

📌 A función terá lugar este sábado, 7 de febreiro, no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

👉 «El professor Bromera» é unha proposta de monicreques e burbullas dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos. Nun laboratorio cheo de luz e misterio, un científico entrañable convida a descubrir un mundo invisible onde a auga e o xabón crean formas sorprendentes. A través dun conto con voces e monicreques, o público participa nunha experiencia colectiva chea de imaxinación, xogo e poesía visual.

✍️ A concelleira de Cultura, Caridad González Cerviño, destacou que «El professor Bromera é un espectáculo pensado para compartir en familia, que combina diversión e creatividade cunha linguaxe visual moi coidada». «Dende a Concellería seguimos apostando por achegar propostas de calidade ao público infantil e familiar, favorecendo o acceso á cultura desde as primeiras idades», engadiu.

A función terá unha duración aproximada de 55 minutos e o prezo da entrada será de 3 euros.

Información práctica

📍 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

📅 Sábado, 7 de febreiro

🕕 18:00 h

🎟️ Entradas dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros