A concelleira de Educación, Patricia Bello visita Caión

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Educación, Patricia Bello, recibiron ao director do Ceip de Caión, José Roca, e a tres profesoras da escola siciliana I.C. “E. De Amicis” da localidade de Tremestieri Etneo: a directora Tiziana Palmeri e as mestras Agata Santagati e Inés Torrissi

👩🏻‍🏫 Están en Caión participando nunha experiencia de observación do posto de traballo dentro do proxecto «Raíces para medrar, ás para voar» que se desenvolve a través do programa Erasmus+.

🙌🏼 O Concello valora moi positivamente este intercambio, que reforza a proxección exterior do colexio e sitúa Caión como un lugar aberto ao diálogo cultural e ao intercambio pedagóxico. Visitas como esta contribúen a tender pontes, compartir experiencias e mostrar ao mundo o traballo que se realiza día a día no colexio para a educación e formación do alumnado nun esforzo colectivo que gaña aínda máis significado cando esperta o interese doutras comunidades educativas europeas.