A Confraría de Pescadores Corme Porto acolleu esta semana, a xornada ‘O mar

A Confraría de Pescadores Corme Porto acolleu, esta semana, a xornada ‘O mar 🌊 de ardora. Ciencia e imaxe na Costa da Morte’.

A cita incluíu charlas 🗣️, observacións en directo dun cultivo de dinoflaxelados e a proxección de imaxes e vídeos deste fenómeno tomados por 📸 Drewkorme.

👏🏼 Grazas á bióloga da zona territorial da Coruña, Susana Fandiño, á bióloga e xefa da unidade de Oceonografía e Fitoplancto, Yolanda Pazos González, así como a Drewkorme polo seu labor gráfico.

👏🏼 Así mesmo, grazas á Consellería do Mar por facilitar, a través de Intecmar, os medios necesarios para realizar esta actividade.