
Despois de moitos anos formando parte do servizo de limpeza municipal, Fina, como todos e todas a coñecemos, xubílase.
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, deulle as grazas
polo seu «traballo e profesionalidade ao longo deste tempo».
Fina prestou servizo no
CEIP As Forcadas e noutras instalacións municipais, conseguindo gañarse o agarimo de todos e todas.
Como despedida, levouse a cabo unha comida
á que asistiron os seus compañeiros e compañeiras de traballo e amizades.
Grazas por todo, Fina!