A Deputación da Coruña e o Concello de Coristanco avanzan na execución dos proxectos de reurbanización en Xaviña

A Deputación da Coruña e o Concello de Coristanco continúa avanzando na execución dos proxectos de reurbanización de viarios nos lugares de Outeiro e Campolongo e no lugar da Igrexa, pertencentes á parroquia de Xaviña.

👉 As intervencións contan cun orzamento de 463.191 euros, financiadas con cargo ao POS+2025 da Deputación da Coruña.

Entre as actuacións contémplase a creación dunha nova 🚶 zona peonil e ensanchar a estrada para mellorar, así, a circulación existente ao tempo que se incrementa a seguridade.

Ademais, tamén se realizará unha mellora dos servizos, xa que está prevista a renovación do 💡 alumeado público, da rede de pluviais, da de saneamento e a eléctrica.