
A Deputación da Coruña iniciou as obras de mellora integral do firme da estrada provincial DP-1902, que une Carballo e Razo, cun investimento de 376.984,08 euros. Os traballos inclúen o aglomerado dun treito de 6,6 quilómetros.
Durante as obras habilitarase circulación alternativa por un dos carrís da vía, regulada con semáforos.
A Deputación tamén está a executar obras de mellora da seguridade peonil en Cances da Vila. A actuación consiste no acondicionamento dun treito de 150 metros de cuneta transitable, dando resposta deste xeito a unha demanda veciñal. O alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Servizos e Mobilidade, Miguel Vales e Juan Seoane, visitaron a obra.

