A encrucillada do Psoe de Santa Comba

O Partido Socialista sempre criticou ao PP de Santa Comba por non executar a estrada comarcal que une Santiago con Portomouro.

Con todo, convén lembrar que hai dúas estradas fundamentais que dependen directamente da Deputación da Coruña, controlada polo PSOE, e que son as que realmente vertebran o municipio.

A primeira é a estrada de Coristanco a Santa Comba, unha vía provincial baixo responsabilidade da Deputación socialista. Agora presumen de eliminar unhas curvas, pero o que Santa Comba necesita de verdade é unha conexión moderna e directa coa autoestrada de Carballo, que permita impulsar o desenvolvemento do pobo.

Esa infraestrutura estratéxica leva décadas esquecida, e a Deputación nunca mostrou verdadeiro interese por ela.

A segunda é a estrada de Portomouro a Santiago, tamén dependente da Deputación. Leva máis de 30 anos sen unha mellora significativa, e as últimas actuacións son, sinxelamente, vergoñosas: unha liña continua case en toda a súa lonxitude que impide calquera adiantamento. Se te atopas cun camión, podes percorrer de Santiago a Portomouro a 20 km/h.

E que dicir da ponte sobre o río en Portomouro, que está nun estado lamentable. Se realmente queredes que Santa Comba avance, teña empresas, un polígono industrial activo e crecemento poboacional, non busquedes culpables onde non os hai.

O PP é o único que tenta facer algo polo futuro deste municipio, mentres que o PSOE, desde a Deputación, limítase a quitar curvas e facerse a foto.