A Fundación Brandomil propón melloras na contorna do Ponte de Brandomil.

A Fundación Brandomil ven de reunirse, esta semana, coa Directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza.

Durante a xuntanza fixéronse varias propostas para mellorar a seguridade na zona de acceso á Ponte de Brandomil dende a estrada AC-441. Tamén se fixeron varias propostas de mellora para a Oficina de Información Cultural e Turística de Brandomil como a instalación dunha pantalla LED para promocionar eventos e puntos de interese da Costa da Morte ou medios que faciliten a contabilización do número de visitantes.