A Garda Civil desarticula un grupo criminal especializado en roubos en estacións de servizo da Coruña

A Coruña, 29 de xaneiro de 2026.- A Garda Civil, no marco da
“Operación Caxetins”, detivo a catro persoas como presuntas
autoras de oito delitos de roubo con forza en estacións de servizo da
provincia. A investigación foi levada a cabo pola área de Investigación
do Posto Principal de Arteixo, permitindo desmantelar
unha banda que actuaba nas localidades de Arteixo, Abegondo, Sada e
A Coruña.


A operación iniciouse tras detectarse unha sucesión de roubos que
presentaban un patrón idéntico consistente no forzamiento dos
cajetines de moedas nos boxes de lavado de vehículos. A
coordinación entre o Posto Principal de Arteixo e as unidades de Sada
e Abegondo xunto coa colaboración do Corpo Nacional de Policía
permitiu centralizar as pescudas #ante a sospeita de que se trataba dun
grupo organizado de carácter itinerante.


A investigación levada a cabo permitiu aos investigadores detectar un
nexo común mediante a utilización en todos os asaltos dun mesmo
vehículo de cor azul escura. Este elemento resultou determinante para
lograr a identificación plena de catro homes con amplos antecedentes
delituosos quen actuaba de forma coordinada para violentar os
sistemas de almacenamento de efectivo.


O operativo para as detencións desenvolveuse de forma graduada
durante o mes de xaneiro comezando o día 22 coa intercepción dun
dos autores mentres circulaba pola autovía A-6. Posteriormente o
día 26 de xaneiro os a Garda Civil localizou e detivo a outros integrantes do
grupo nun inmoble ocupado da cidade da Coruña finalizando o
servizo esa mesma tarde coa detención do último implicado.
Como resultado da operación esclarecéronse asaltos en diversas
estacións de servizo das zonas da Coruña, Meicende,, Abegondo
e Sada. O botín total ascende a 900 euros en efectivo mentres que os
danos estruturais provocados nas instalacións afectadas superan
os 1.900 euros.


Aos detidos impútanselles oito delitos de roubo con forza nas
cousas. As dilixencias policiais xunto cos arrestados foron postas ao dispor
do Xulgado de Garda da Coruña.