
A Garda Civil do Posto de Mugardos en colaboración coa Garda Civil do Posto de Fene incauta 175 quilogramos de vieiras e 25 de centolas en Mugardos.
Os feitos ocorreron cando efectivos de ambas as Unidades que se atopaban realizando un servizo de prevención do marisqueo furtivo nas inmediacións desa localidade, observaron como 3 persoas apeábanse dun vehículo, distribuíndose nas proximidades do mesmo en actitude vixiante.
Ante a sospeita de que estas persoas puidesen estar a realizar algunha actividade ilícita, os gardas civís permanecen na zona controlando os seus movementos.
Tras un breve período de tempo, os efectivos actuantes observan como un cuarto home sae da auga portando varios vultos voluminosos, os cales son introducidos no maleteiro do vehículo, dividíndose nese momento o grupo en dous, un dos cales abandona a zona a pé e o outro se introducen no turismo e inicia a marcha.
Os gardas civís procederon á interceptación do vehículo, realizando a continuación a inspección do mesmo, achando bolsas de rede grandes con vieiras no seu interior e outra con centolas, unha botella de mergullo e un cinto de chumbos. A Garda Civil confeccionou as correspondentes sancións.