A Guardia Civil A Coruña realizará o 21 de outubro unha exhibición solidaria no CEIP Otero Pedrayo da Laracha.

A Guardia Civil A Coruña realizará o 21 de outubro unha exhibición solidaria no CEIP Otero Pedrayo da Laracha. Pola mañá só para os escolares e pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, aberta ao público en xeral.

🗣 O evento foi hoxe presentado polo alcalde, D. José Manuel López Varela; a concelleira de Ensino, Dna. Patricia Bello; o tenente coronel D. Julio González Chas, responsable do Plan Director da Comandancia; e o cabo 1º D. Sergio García Vázquez, formador do Plan Director da Compañía de Carballo.

🚁🚔🐕 Contarase coa participación de numerosas unidades, como o Servizo Cinológico, GEDEX, SEPRONA, Tráfico, e mesmo o helicóptero da UHEL. O obxectivo é achegar á veciñanza o labor da Garda Civil e reforzar o vínculo de proximidade entre a cidadanía e o instituto armado.

👥 As persoas que se acheguen poderán sumarse á causa solidaria da xornada doando alimentos non perecedoiros que serán entregados a Cáritas da Laracha.