
O Concello de A Laracha renova a Bandeira Verde, o distintivo co que a Xunta de Galicia premia aos municipios que destacan polo seu labor a prol da protección da paisaxe e do medio ambiente.
O tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, recolleu hoxe a bandeira de mans do presidente da Xunta de GaliciaXunta de GaliciaXunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e da conselleira da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, no acto celebrado no concello pontevedrés de Mos.
A Bandeira Verde é un premio compartido coa sociedade larachesa por cooperar nas iniciativas municipais en materia medioambiental.