A mala xestión do equipo de goberno no Concello de Santa Comba xenera problemas no ANPA do IES Terra do Xallas

A mala xestión do Concello de Santa Comba condena a asociación de País e Naís de alumnos de IES Terra do Xallas a manifestarse polos problemas que teñen coas liñas de autobus dos nenos. Ante unha situación coma esta o equipo de Goberno ten que dirixirse a Concelleira de educación e explicarlle a problemática, pero eles prefiren botar balóns fora.

Dende o Concello a traves da Paxina de Facebook Santa Comba Info Expresan o Seguinte:

A ANPA IES Terra de Xallas convoca unha manifestación o vindeiro luns día 6 de outubro ás 16:15 nas inmediacións do centro educativo.

Nas últimas xornadas a ANPA, equipo directivo e Concello de Santa Comba, trasladaron á Consellería de educación, dirección xeral de mobilidade e empresa Mombus, diferentes problemáticas no servizo de transporte escolar.

En varias liñas, entre elas a de Portovilar e Parada, que afectan a parroquias como as de Bazar, Freixeiro, Ser, Vilamaior, Santa Comba, Alón, San Cristovo, Fontecada e A Pereira, estase denunciando incidencias graves no servizo.

Entre as principais demandas atópanse a impuntualidade da chegada ás aulas, regreso aos domicilios ou a insuficiencia de autobuses para prestar un servizo axeitado.

Outra das denuncias é que se están dando casos nos cales o alumnado viaxa de pé, incumprindo normativas básicas en materia de seguridade.

Problemáticas similares, constátanse nos últimos cursos, visibilizando un deterioro claro nun servizo básico.

Tanto a ANPA como o Concello continuarán denunciando estes casos co fin de mellorar o servicio de transporte escolar.