
A Casa da Cultura acolleu onte unha nova proxección do documental “Os oficios tradicionais”, promovido polo Concello co apoio da Deputación da Coruña.
A presentación foi a cargo do alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, e os creadores do documental: o escritor Xabier Maceiras e o realizador audiovisual Raúl Lorenzo.