
O Concello de Cabana aposta polas enerxias renovables co proxecto de rehabilitación enerxética da piscina municipal climatizada. A actuación adxudicada no seu momento á empresa Esqueiro SL cun custo de 293.425 euros e que será financiada integramente con fondos NextGeneration da Unión Europea a través do programa DUS 5000.
O proxecto contempla a renovación do sistema de tratamento de aire e das luminarias por tecnoloxía Led, así como a substitución da caldeira de gasoil por bombas de calor de aerotermia. Todas estas medidas permitirán mellorar a cualificación energétida do edificio, pasando de D a B.