
O Concello acolleu o acto de entrega de premios do I Concurso de Poesía Escolar impulsado pola Fundación Gonzalo López Abente, unha iniciativa que pon en valor a creatividade da mocidade e o amor pola lingua galega.
Desde o Concello quixeron felicitar a todas as persoas premiadas polo seu talento, sensibilidade e capacidade para emocionar a través da palabra. Tamén destacaron a participación de todo o alumnado, subliñando que cada poema representa unha mostra do futuro cultural que se está a construír.
O acto serviu tamén para recoñecer o labor dos centros educativos implicados, cuxa participación reflicte o compromiso coa ensinanza e coa formación do alumnado.
Finalmente, púxose en valor o importante traballo da Fundación Gonzalo López Abente por promover iniciativas que contribúen a manter viva a cultura e a lingua propias.






