A redacción do plan director para a recuperación das torres de Cillobre xa esta adxudicada.

O Concello de Laracha esta a piques de facer realidade a recuperación das antigas Torres de Cillobre, no que se refiere a adxudicación da redacción do Plan Director o Concello elixiu a empresa Trivium estratexias en cultura e turismo.

Este documento será a guía que oriente o aproveitamento cultural e turístico dun recinto con 2.655 metros cadrados de superficie que foi recentemente adquirido polo Concello. Aínda que na parcela só consérvense a vivenda da torre, parte do muro perimetral e un hórreo anexo, trátase dunha construción do século XIV, polo que constitúe un dos tesouros de máis valor no municipio.