
A veciñanza de Nemeño gaña novos espazos. O Concello de Ponteceso adquiriu unha parcela de 3.200 m² para albergar o futuro Campo da Festa, unha área recreativa e aparcadoiro público.
O alcalde, José Manuel Mato, quere agradecer as facilidades outorgadas tanto á Administración local como á parroquia por parte de José Manuel Cotelo Amado, antigo propietario do terreo, así como a Rafa, o alcalde de Barrio de Nemeño, figura clave para que este proceso sexa hoxe unha realidade.