
Unha análise dos datos publicados en EP DATA, portal dependente do Ministerio de Facenda, reflicte a evolución da débeda do Concello de Santa Comba ao longo dos últimos anos e amosa variacións significativas segundo as distintas etapas de goberno municipal.
En 2013, cando María Pose asumiu a alcaldía, o Concello contaba cunha débeda de 948.000 euros. Segundo os rexistros oficiais, nun prazo dun ano a cifra reduciuse ata os 766.000 euros, o que supuxo un descenso próximo aos 200.000 euros. A tendencia continuou en 2015, exercicio no que a débeda se situou en pouco máis de 270.000 euros.
Os datos tamén indican que durante os últimos gobernos presididos por María Pose a débeda municipal mantívose en niveis baixos. Porén, na etapa posterior, xa baixo o mandato do actual alcalde, a débeda incrementouse ata acadar os 982.000 euros, a cifra máis elevada do período analizado.
Este estudo enmárcase nunha serie de publicacións centradas na xestión económica municipal e noutros asuntos de interese público relacionados coa actividade institucional. As persoas que difundiron esta información sinalan que os datos proceden de fontes oficiais e que o seu obxectivo é promover a transparencia e un debate baseado en cifras verificables.
A evolución da débeda municipal volve situarse así no centro do debate político local, con diferentes interpretacións sobre as causas e a xestión económica en cada etapa de goberno.



Os 4 Hooligans do Entorno da Alcaldía
A través de diversos perfis falsos nas redes sociais o entorno do Alcalde de Santa Comba ataca sin piedade contra toda publicación na sua contra. Os ataques son directos contra a directora deste medio dixital e a sua parella, contra a ex alcaldesa María Pose ou contra o seu irmán. En todo momento demostran a sua democracia a base de mentiras, falsedades , insultos e chegando incluso a violar a intimidade das persoas e atentar contra o honor das mesmas facendo todo tipo de publicacións, este perfis encontranse baixo nomes coma: Jordhy Pascual, Ana Clara Nayara Monteiro, Corvo Neghro, Xaime Xallas etc…..






