
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, visitou esta mañá a asociación de persoas con discapacidade Íntegro de Cabana de Bergantiños e que conta con diferentes iniciativas para promover unha igualdade de xénero sen barreiras. En concreto, no último ano a Xunta volveu apoiar a Íntegro con máis de 19.000 euros para o desenvolvemento do seu programa PIMD Rural, un recurso de referencia cun nivel de participación moi elevado de mulleres con discapacidade. Esta iniciativa permítelles acceder a servizos e recursos novidosos e específicos. Así, neste último ano beneficiáronse 66 mulleres a través das actividades de busca de emprego e inserción laboral, entre outras accións de acompañamento e formación.
Neste senso, a directora xeral recalcou a importancia da colaboración co tecido asociativo para impulsar a igualdade de xénero en todos os eidos sociais. Por iso, felicitou o traballo que se leva desenvolvendo en materia de promoción da igualdade desde Íntegro e asegurou o compromiso da Xunta en seguir apoiando a este entidade referente.