
A Xunta de Galicia investirá 400.000 euros na renovación da cuberta do IES Eduardo Pondal.
O alcalde, José Manuel Mato, recibiu esta mañá ao conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, ao que agradeceu a súa «boa disposición e o seu interese por seguir mellorando os centros de ensinanza do municipio».
A actuación suporá tamén a
impermeabilización de parte da estrutura e a colocación de novos caleiros e baixantes.

