A Xunta promove vivenda protexida en solo municipal mentres o Goberno do PSOE non executa promoción directa (Santa Comba grazas a Ex Alcaldesa María Pose xa forma parte do programa)

A Xunta de Galicia asinou un convenio co Concello de Santa Comba para impulsar a construción de vivenda protexida en solo municipal dentro do Programa de oferta de solo das entidades locais.

O acordo foi formalizado pola conselleira María Martínez Allegue xunto co alcalde Alberto Romar (Grazas a Mediación da ex – Alcaldesa do pp María Pose). A través deste convenio:

  • Poñerase a concurso público unha parcela municipal de 159 m² na rúa Alcalde Pereira.
  • Prevese a construción dun edificio de baixo máis tres plantas con arredor de 6 vivendas protexidas.
  • As vivendas poderán destinarse tanto a alugueiro como a venda.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo encargarse de tarefas técnicas como:

  • Publicación dos solos dispoñibles
  • Redacción dos pregos e licitación
  • Avaliación das ofertas

Os concellos só deberán achegar a información das parcelas e resolver a adxudicación.

O Goberno galego segue sumando colaboración con máis concellos, tras os rubricados cos municipios das Pontes, A Arnoia, Friol, Valdoviño, O Valadouro, Ordes e Verín.

Segundo a Xunta, o programa xa conta con acordos con outros municipios galegos e o prazo para que novos concellos se adhiran permanece aberto sen límite temporal.