
Un accidente de tráfico rexistrado esta noite no Concello de Valga obrigou ao 112 a mobilizar un amplo operativo de emerxencias tras a saída de vía dun vehículo, que deixou varios feridos e persoas atrapadas no seu interior.
Ata o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, varias ambulancias do 061, o GES de Padrón e Protección Civil de Valga.
Os bombeiros tiveron que realizar labores de excarceración para liberar ás vítimas, que posteriormente foron evacuadas de urxencia ao hospital de referencia debido á gravidade das lesións.