Accidente onte a altura do polígono de Tella

Accidente nas proximidades ao Polígono de Tella, con feridos, xusto zona de obras No mapa do 112 quedou rexistrado un accidente de tráfico na estrada convencional AC- 419, ás 19:00 horas, con feridos, sen datos de ningún suceso en Galicia no boletín informativo da tarde.

Só remarcar que se acertaron á hora de marcar con exactitude o lugar do suceso, coincidiría co tramo de inicio das obras de mellora da vía desde o Polígono de Tella, xusto onde indicaron o sinistro, ata case chegar á Bugalleira, un longo tramo de obras regulado por dous semáforos e varios operarios, que causou hoxe importantes retencións.

Precaución a todos os condutores pois ademais das obras ,de que a vía está sen pintar e a Gravilla a retención cando chega a un tramo da estrada con curva pechada ou cambio de rasante sen visibilidade, pode ser moi perigoso e causar un accidente moi grave, asi que moito coidado, se vos é posible circular por outra vía e evitar o tramo en obras, non dubidedes en facelo, é mellor tardar uns minutos máis pero evitar complicacións.

Nós onte ao ver como estaba sinalizadas as obras e ao presenciar en nivel de seguridade do tramo decidimos tomar a estrada secundaria pola Graña, A Campase e torcer cara a Bocelo-Pazos para seguir rumbo a Carballo, o rodeo tomámolo a posta sabendo que serían máis quilómetros e mais tempo pero non nos parecía seguro estar nunha retención que coincida cunha curva cerrrada, porque pode poñer en risco as nosas vidas.