
A atleta bañesa Aitana Capeáns Rey proclamouse subcampioa de España Sub-18 en disco tras unha destacada actuación no Campionato de España de Lanzamentos Longos de Inverno.
A competición disputouse esta fin de semana na pista Gaetà Huguet de Castelló de la Plana, onde a deportista logrou un mellor lanzamento de 40,90 metros, resultado que lle valeu a medalla de prata.
Este novo éxito confirma a constancia, progresión e talento da atleta da A Baña, que continúa situándose entre as mellores promesas do atletismo estatal.