Alba Mourelle Costa Campiona de España de Baile Deportivo

A veciña de Baio, Alba Mourelle Costa, e a súa compañeira Ashley Sánchez Santamaría, veñen de conquistar o Campionato de España con resultados extraordinarios!

As dúas deportistas do Club Arte e Movemento destacaron nunha competición de máximo nivel, acadando os seguintes triunfos:

🏆 Campionas de España en Show Case Over 16

🏆 Campionas de España en Bachata Shine Dúo

🥈 Subcampionas de España en Salsa Shine Dúo