
O oleiro de Buño Alberto Lista vén de conquistar o Premio Artesanía de Galicia 2025 grazas a unha peza creada en colaboración co taller de marroquinería Coiro Tres Pés, nun traballo que combina a tradición oleira coa innovación en deseño.
O galardón recoñece o valor artístico e técnico dunha obra que pon en diálogo o barro e o coiro, e confirma a capacidade da artesanía local para renovarse sen perder a súa identidade. A entrega do premio contou coa presenza do alcalde, Nunha cita que reuniu a representantes do sector e autoridades, evidenciouse o apoio institucional ao talento artesán da comarca.
Desde o Concello de Malpica trasladaron a súa felicitación ao artesán e destacaron que este recoñecemento “é un orgullo para o municipio e unha mostra da forza creativa da nosa xente”.
A distinción proxecta o nome de Buño e de Malpica de Bergantiños dentro e fóra de Galicia, reforzando o prestixio dunha tradición oleira con séculos de historia que segue viva grazas a propostas contemporáneas coma a de Lista.