

Álvaro Rodríguez Caamaño, chef do Restaurante A Lonxa d’ Álvaro, vén de ser distinguido pola Guía Michelin 2026, un recoñecemento que pon en valor o seu talento, dedicación e compromiso coa excelencia gastronómica.
Dende o Concello de Muxía queren transmitirlle a máis sincera noraboa a Álvaro e a todo o seu equipo polo traballo ben feito, pola paixón que demostran cada día e por levar o nome de Muxía e da nosa terra ao máis alto nivel culinario.