Ángel Mosquera gaña a liga dos cantantes extraordinarios da TVG.

Ángel Mosquera, natural de Caión, proclamouse gañador da sexta edición do programa da TVG A Liga dos Cantantes Extraordinarios.

Ángel conquistou a Galicia enteira coa súa voz, entrega e talento que nos enchen de orgullo. Grazas por emocionarnos en cada actuación e por levar o nome de Caión e do concello da Laracha tan alto.