
Dous vehículos víronse implicados nun accidente frontal ocorrido á saída do núcleo de Buño, na estrada AC-422. O sinistro produciuse cando, segundo as primeiras informacións, un dos condutores, unha persoa de avanzada idade e presuntamente baixo os efectos do alcohol, invadiu o carril contrario, impactando de fronte contra outro turismo.
O choque causou importantes danos materiais en ambos coches e xerou gran alarma entre veciños e condutores que circulaban pola zona nese momento. Tras recibirse o aviso, os servizos de emerxencia desprazáronse rapidamente ata o lugar do accidente.
Ata a zona acudiu unha ambulancia para atender ás persoas implicadas, que foron valoradas polo persoal sanitario no propio punto do sinistro. A pesar da aparatosidade do impacto, non se rexistraron feridos graves polo momento.