
«Chove tanto dentro coma fóra», comenta un armador de Malpica.
«Isto vai a máis, e agora xa é inaguantable», conclúe unha das atadoras.
A chuvia constante das últimas semanas evidencian o mal estado en que se atopa a nave das atadoras de Malpica.
«Moitas veces témonos que mover, porque se non chove por riba de nós».
A orixe deste problema, segundo contan, está na cuberta. Din que os días de moito vento os refachos levantan as uralitas de plástico, propiciando que a agua se coe ao interior.
«Levamos así moitos anos. Non sei se isto é competencia da confraría ou de Portos, pero teñen que facer algo».
A chuvia baixa sobre todo polas columnas da nave onde está o cadro eléctrico e os interruptores, polo que temen que calquera día se produza unha desgraza.
«Calquera día quedamos no sitio». «E xa non só iso, porque todo isto está cheo de auga e esvaras… Eu xa caín, e como deas un mal golpe… Pido, por favor, que a amañen xa. Que non tarden moito máis».
Din que non é por capricho, senón por necesidade.
Fonte da Noticia TVG.