As obras de humanización e renovación integral da rúa Real, impulsadas polo Concello de Muros e que contan cun orzamento de máis de 238.000 euros, avanzan a bo ritmo.

A alcaldesa de Muros, María Lago, e a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, supervisaron o estado dos traballos, acompañadas polo director de obra e o contratista.

✍️ “A día de hoxe está executada unha das partes máis complicadas da obra, coa colocación das conexións de pluviais, fecais, abastecemento, electricidade e comunicacións cos seus respectivos pozos de rexistro e arquetas”, explica Rivadeneira.

👍 “Un proxecto importante que da resposta ás demandas da veciñanza; a rúa Real necesitaba estas obras de mellora no seu firme e os servizos”, afirma a alcaldesa.