Asociación Mar de Fábula realiza un chamamento á veciñanza para limpeza na Praia de Estorde

A asociación Mar de Fábula convoca unha xornada de limpeza na Praia de Estorde e anima á cidadanía a participar nesta acción en defensa do noso litoral.

O Concello de Cee colabora no apoio loxístico desta iniciativa ambiental.

📍 Praia de Estorde (Cee)

📆 Sábado, 21 de febreiro

⏰ 11:00 horas

🎯 Punto de encontro: aparcadoiro da praia

A organización facilitará todo o material necesario para a limpeza.

👉 Para efectos de seguro, é imprescindible inscribirse antes das 20:00 horas do venres, 20 de febreiro, enviando nome, apelidos e DNI a:

📧 info@mardefabula.gal

📱 608 609 042