AVANZA MALPICA denuncia a falta de mantemento dos servizos públicos en Buño


A asociación AVANZA MALPICA denunciou publicamente a falta de mantemento no servizo público de alumeado na zona de Buño, unha situación que, segundo indican, podería estar na orixe dos problemas rexistrados na noite de onte.

Dende a entidade veciñal subliñan que o alumeado público é un servizo esencial para garantir a seguridade dos veciños e veciñas, polo que consideran inaceptable que se produzan este tipo de deficiencias durante períodos prolongados de tempo.

“Este problema xera inseguridade e afecta directamente á calidade de vida da veciñanza”, sinalan desde AVANZA MALPICA, que esixen ao Concello unha solución inmediata.

Por este motivo, a asociación presidida por Javier Ferreiro reclama aos responsables municipais que actúen con urxencia e procedan á reparación do servizo canto antes.