Avanza Malpica Queixase da precariedade da red eléctrica do Concello

A Plataforma Avanza Malpica colgou nas suas redes a seguinte queixa: A tarde-noite pasada, Malpica volveu quedar sen luz eléctrica (UNHA VEZ MÁIS…), «case sempre» que hai un temporal aínda que non sexa moi forte, en Malpica estamos afeitos a quedarnos sen suministro eléctrico, realmente non sei a que se debe, pois é sair de Malpica, e todo funciona correctamente…o motivo, ten que ser un MISTERIO, porque de non ser así, suponemos que xa estaría arraxado dende hai tempo…hai que ter en conta que a electricidade é básica para o correcto funcionamento de todo ou case todo (pensemos simplemente nos negocios ou ainda máis grave, na vida cotiá de toda a veciñanza…) dentro das obrigas dos gobernantes do Concello, tamén está a de velar polos servizos e suministros necesarios…e se fose necesario, os gobernantes teñen que presionar ás empresas suministradoras para que poñan remedio (renovando instalacións) e así evitar estas situacións propias de zonas «atrasadas»; situacións que a veciñanza de Malpica NON ten porqué sufrir… parece que ós gobernantes do Concello se mostran moi fortes coa veciñanza («multas, impostos, falta total nas melloras necesarias, etc…») e son moi «DÓCILES» coas grandes empresas.