
Despois dun mes marcado polos temporais, esta semana o Concello de Zas retoma os traballos no campo de fútbol Platas Reinoso de Baio, aproveitando a melloría do tempo ![]()
![]()
A forte humidade das últimas semanas obrigou a atrasar a colocación do céspede; as xuntas non selarían correctamente e os recheos non poden instalarse mollados. Pero co mellor tempo destes días, é posible avanzar na instalación.
Dende o Concello seguimos comprometidos con que o campo quede en condicións óptimas, e agardamos que a meteoroloxía permita manter o ritmo sempre que sexa posible.

