
A parroquia de Barizo celebrará esta fin de semana as tradicionais festas na honra de San Pedro. Os actos darán comezo o sábado 28 de xuño coa actuación de Claudia Zurita Molina, ademais da disco móbil Chocolate e o DJ Warce.
O domingo 29 terá lugar a misa solemne ás 13.00 horas. Ao remate, ás 14.00, celebrarase a sesión vermú, que estará amenizada polo Dúo Show.
As festas están organizadas pola Comisión de Festas de Barizo e contan coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños. A organización instalará unha carpa para garantir a celebración en caso de choiva.