
Brais Pichel Díaz, do Restaurante Terra (Fisterra), foi recoñecido nos XXXII Premios de Gastronomía de Galicia en Lalín polo seu labor na potenciación da Cociña Galega.
O alcalde Luis Insua quixo estar presente na tarde de hoxe en Lalín e acompañar ao noso veciño nun día tan especial.
Un merecido recoñecemento ao talento, ao traballo constante, e ao compromiso coa nosa terra e coa nosa gastronomía.
Galicia sabe mellor cando hai profesionais coma ti defendéndoa prato a prato.