Bronce para Oliver Mouzo Domínguez

Desde Faro da Costa queremos felicitar a Oliver Mouzo Domínguez, muxián, polo seu excelente resultado no Campionato Galego de Cadetes de Taekwondo, no que acadou a medalla de bronce na súa categoría.

Segundo O Concello de Muxía Un logro que pon en valor o esforzo, a constancia e o talento da nosa mocidade, levando o nome de Muxía ao deporte galego de máis alto nivel.