Buño preparase para o sábado 21 de febreiro ca chegada da MIKAELA

Buño prepárase para vivir unha das xornadas máis intensas do inverno coa celebración do festival “Enterro dá Mikaela”, que terá lugar este sábado 21 de febreiro. O evento marcará a chegada de MIKAELA, que aterra na localidade ao grande cun día completo de música, festa e diversión.

A cita arrincará desde o mediodía cunha animada sesión vermú, dando paso a unha tarde cargada de ambiente grazas ao Party Bus, que percorrerá a zona durante toda a xornada. Xa pola tarde-noite, o recinto do festival acollerá o prato forte do evento cunha potente programación musical.

O cartel reúne a algúns dos mellores DJs do momento, encabezados por Dani Moreno “O Gallo”, unha das voces máis recoñecidas dos 40, coñecido pola súa enerxía irresistible ao micrófono. Xunto a el estarán Dany BPM, DJ Charlie, DJ Roy, David Correa, DJ Jossi, Drew Korme, Dani Villa e Brais Pazo, garantindo unha experiencia musical sen descanso.

As entradas xa están á venda a través de woutick.com e enterrodamikaela.com. A organización anunciou ademais que os servizos de bus comunicaranse proximamente, facilitando o acceso ao evento. Con música, espectáculo e un ambiente festivo asegurado, Buño préndese promete converterse nunha auténtica tolemia para todos os asistentes.

A organización anima a reunir ao grupo, etiquetar aos amigos e gozar dunha noite que promete ser inesquecible.