C4S: Turismo de Impacto Positivo en Carballo

Se queres coñecer de primeira man como a #sostibilidade pode transformar o #turismo local e impulsar a competitividade nos negocios do sector, non faltes ao evento de presentación «C4S: Turismo de Impacto Positivo» coa participación de Alejandro Sánchez, que falará da súa experiencia na integración da sostibilidade en Abeiro da Loba, aloxamento turístico das Mariñas Coruñesas e referente no impacto positivo no territorio.

📅 Xoves 25 setembro 2025

⏰ 17:30

📍Sala Cervantes, Mercado Municipal. Rúa Cervantes 0, Carballo.

👉🏼 Inscríbete aquí: https://cas5-0-urlprotect.trendmicro.com:443/wis/clicktime/v1/query?url=https%3a%2f%2fcarballo.gal%2fevento%2fpresentacion%2ddo%2dprograma%2dc4s%2dcarballo%2dpola%2dsostibilidade%2f&umid=7926f689-3a61-43ca-a0c3-6158a260bc1c&rct=1758125113&auth=101408b2157c50d7676dc204470ab58379371fcd-36fca45f2029bee8307deb63ef5337f2d9db5323

📢 Neste evento presentarase o Programa de impulso á sostibilidade no turismo C4S, unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Carballo para impulsar a sostibilidade nos establecementos turísticos do noso concello

💡 Non perdas a oportunidade de formar parte dun turismo con impacto positivo!