
O alcalde, José Muíño, recibiu onte á delegada de Xunta de Galicia, Belén do Campo, e á directora territorial da Consellería Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, para visitar a zona na que se executará unha senda peonil a beiras da AC-552.
Na visita estiveron acompañados por membros da Asociación ÍNTEGRO, entidade cuxas persoas usuarias poderán mellorar as condicións de seguridade nos seus desprazamentos a diversos puntos da localidade.
A intervención suporá un investimento de 425.000 euros e suporá a execución dun treito peonil de 1,5 km de lonxitude na marxe dereita da AC-552.